Os socialistas piden novas liñas de apoio para os bancos de libros dos colexios locais

06Solicitan á concelleira en funcións Amalia Goldar a convocatoria dunha reunión coas ANPAS para abrir liñas de colaboración municipal coas ANPAS 

Ao igual que fixeron no ano 2013 e 2014 dende o grupo municipal socialista solicitaron a Amalia Goldar, concelleira en funcións, a apertura de liñas de colaboración coas ANPAS dos colexios locais na xestión e posta en marcha dos bancos de libros.

“Co presente curso escolar a piques de rematar e ante a aparición da orde de educación que sacou a Xunta o pasado 22 de maio pola que se introducen cambios nos sistemas de bancos de libros e novas obrigas para as ANPAS, reiteramos un ano máis a necesidade de abrir liñas de colaboración do Concello coas ANPAS en materia de banco de libros”, comentou a portavoz socialista Belén Louzao.

Na mañá de hoxe a portavoz socialista solicitou á concelleira en funcións Sra. Goldar a convocatoria dunha reunión coas ANPAS locais. “Agardamos o cumprimento do compromiso de convocatoria da reunión solicitada á maior brevidade”, manifestou Louzao. “Levamos varios anos reclamando que o Concello colabore na posta en marchar e funcionamento dos bancos de libros organizados polos pais e nais, pero agora, coa introdución da orde emitida pola Xunta respecto ao que o PP chama bancos de libros solidarios, esta colaboración é incluso máis necesaria. Coa nova política da Xunta as obrigas das ANPAS medran, e aparece a figura dos alumnos que quedan no limbo ao non estar garantida a existencia de libros para todos. Hai que facer un estudo de necesidades por curso e abrir novas liñas de colaboración e apoio ás familias”

Para os socialistas coa publicación da orde de 22 de maio confírmase que o que pretende o PP en materia educativa é botar do sistema a unha parte moi importante do alumnado. “Redúcense as axudas para material escolar, vincúlase o acceso a préstamo de libros coa percepcións de axudas en anos anteriores e só se habilita o préstamo para determinados libros”.

Así mesmo dende este grupo municipal lembraron que, un ano despois de que esta mesma formación o plantexara en comisión, segue estando pendente a realización un informe analítico sobre unha posible redistribución das zonas educativas para evitar a desaparición nun futuro inmediato dos colexios do rural estradense. “Como cada ano, ao abrirse o período de matrícula aparecerán as incidencias en materia de cobertura de prazas, por iso é necesario afrontar dunha vez esta situación e adiantarse aos problemas tendo coñecemento da situación”.

PSdeG PSOE de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta