A Fervenza de Ouzande organiza para este domingo unha nova ruta do seu programa «Imos Andar Primavera 2015»
PERCORRIDO: 10,5 quilómetros, partindo de Ouzande, percorreremos carreiros cara a veciña parroquia de Guimarei. Regresaremos atravesando tamén a parroquia da Somoza
MATERIAL: levar roupa cómoda (chándal, botas de montaña…) e ter en conta a predición meteorolóxica.
SAÍDA: 10:00 (Igrexa de Ouzande)
REGRESO: 13:30h (Igrexa de Ouzande)
A actividade é gratuita. A inscrición farase no momento da saída, polo que se prega puntualidade.
*LUGARES DE INTERESE*: no noso percorrido habémonos atopar cos seguintes puntos de interese:
*Igrexas:* Igrexa románica de Ouzande e cruceiros e igrexa de Guimarei. Curiosamente ambas foron aparecen en diversos debuxos de Castelao.
*Contornos rurais: *Lugares de Guimarei: A Torre, A Painceira, A Cruz, Xerlís, A Torrevella..
*Contornos naturais: *Agros de Ouzande e Guimarei; regato do Zarabeto e da Pinguenla, Castro de Guimarei.
-Patrimonio arquitectónico: Pazo e Torre Medieval de Guimarei, Pazo da Algaria, (desgraciadamente ambos en mal estado de conservación), Pazo de Xerlís, etc.
Neste enlace cartel e mapa da ruta:
http://carreiros.blogspot.com.es/2015/06/imos-andar-ruta-guimarei.html
A Fervenza de Ouzande






































