Esta semana a comisión de festas de A Estrada presentou o programa para as festas de San Paio que terá lugar dende o 23 ao 28 de Xuño.
Ademáis dos folletos que xa se están repartindo coa programación a comisión promete máis sorpresas durante os 6 días de festa.
As festas comezarán o 23 de Xuño cun pregón a cargo de Cándido Pazos e posterior fugonazo de apertura.
Nesta edición tamén se recuperaran os xogos populares que se facían hai anos durante estas datas e que van dirixidos a todos os públicos.
Como todos os anos o luns será o día do neno coas atraccións a metade de prezo, atraccións que se verán incrementadas respecto a anos anteriores ante o atractivo das festas. Por este motivo, ocuparan a rúa 25 de Xullo a maiores da feira, polo que esta rúa pecharáse ao tráfico durante as festas.
O programa actual complétase cunha feira de artesanía na Praza do Mercado dende o 26 ata o 28.