O pasado fin de semana foi un fin de semana moi axetreado para os membros do clube ciclista Bikestrada e para os amantes do deporte da bicicleta en xeral xa que tres importantes rutas ocuparon a axenda daqueles que disfrutan coa bicicleta tanto na estrada coma na montaña.
O sábado día 6 , cinco membros do clube desprazáronse ata a comunidade veciña de Asturias para participar nunha fermosa e dura ruta por estrada, a Clasica dos Lagos de Covadonga. Unha ruta de 110 kilometros tan dura como fermosa que reuneu a máis de
2500 participantes e que sae dende Cangas de Onis para rematar, despois dunha dura subida, nos coñecidos Lagos de Covadonga.
Este mesmo día, Manuel Casuso, un membro do clube participou na Gran Ruta Celta conseguindo un gran segundo posto na súa categoría. Esta ruta de bicicleta de montaña parte da Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela e remata no mesmo sitio despois de percorrer nada menos que 180 kilómetros de montaña por terras compostelanas.
E xa para rematar, o domingo dia 7 celebrouse a xa coñecida ruta de montaña Bttinto que percorre o Monte Castrove nos Concellos de Ribadumia, Meis e Meaño. Un total de once membros do clube Bikestrada achegáronse a disfrutar desta gran ruta que este ano reuneu a máis de 3000 participantes.
Clube ciclista Bikestrada






































