O Conservatorio Profesional de Música realizará este xoves o seu fin de curso ás 19:30 no Teatro Principal.
Esa mesma noite ás 22:30 concerto fin de curso de ACOME (asociación cultural obradoiro de música de A Estada) na Cafetería Nicols con entrada libre (mesmo ó remate do concerto da Banda de Música Municipal no Teatro)
ACOME leva traballando dende o ano 2012 na formación de músicos através dos mellores programas de formación baseados na práctica, improvisación e combo.
Trátase dun obradoiro de interpretación e improvisación de música moderna dirixido por Carlos Barruso; no cal poden participar tódolos instrumentistas ou cantantes que o desexen.
Poden asistir ós cursos de formación alumnos/as de tódalas idades e calqueira nivel de formación, ben sexa clásico ou moderno.
No obradoiro preténdese, sobre todo, potenciar as cualidades de cada alumno/a e ofrecerlles a posibilidade de participar en diferentes actividades prácticas, como son as Jam Session ou os festivais de Nadal ou fin de curso.
En tan só tres anos de percorrido os alumnos xa participaron en numerosas actividades e concertos. Algún dos alumnos está a preparar as probas de acceso na Escola Superior de Música De Cataluña, ou xa cursan estudios no Conservatorio Superior da Coruña pola especialidade de Jazz, mesmo outros compoñentes foron invitados para tocar na Orquestra Xuvenil da Escola Estudio de Santiago de Compostela.
O obradoiro porá fin a este curso co concerto deste xoves; aproveitaremos a ocasión para presentar o disco DVD que foi gravado en directo no Teatro Principal de A Estrada no concerto de nadal de 2013.
A partires do mes de outubro comezará o cuarto curso para seguir co proxecto de formación, tanto aos alumnos actuais como a outros novos.






































