Tequexetéldere representará a Galicia nun festival internacional en Gasselt, Bélxica, que se celebrará entre o 13 e 20 de agosto. Para este evento desprazaránse a terras belgas preto dunha treintena de compoñentes da agrupación estradense.
Este venres ás 20:30 as escolas de Tequexetéldere (baile, solfeo, acordeón, gaita…) compostas por uns 100 nenos realizarán un Festival de Fin de Curso no Teatro Principal.






































