O 24 e 25 terá lugar o 3X3 de fútbol e baloncesto na alameda

IMG_4458No 3×3 de fútbol os grupos estarán divididos en 3 categorías diferentes:

–          Prebenxamins e benxamins (6 a 9 años)

–          Alevins e infantís (10 – 13)

–          Cadetes, xuveniles e senior (14 en adelante)

Durante a mañá xogaranse os partidos de grupo correspondentes as categorías prebenxamin-benxamin e alevins e infantís (segundo os equipos inscritos estas categorías podense fusionar nunha soa), pola tarde xogaranse os partidos da categoría cadete, xuvenil e senior e as fases finais dos encontros da mañá.

No 3×3 de baloncesto os grupos estarán divididos en 2 categorías diferentes:

–          Alevins e infantis (10 – 13)

–          Cadetes, xuveniles e senior (14 en adiante)

Durante a mañá xogaranse os partidos de grupo correspondentes a categoría alevín e infantil, pola tarde xogaranse os partidos da categoría cadete, xuvenil e senior e as fases finais dos encontros da mañá.

NORMAS DO 3X3 DE FÚTBOL

1-       Cada equipo estará formado por un máximo de 4 xogadores e un mínimo de 3.

2-       O tempo de cada encontro será de 5 min. para as 2 primeiras categorías e de 8 min. para os cadetes, xuveniles e senior. (O tempo poderá ser modificado dependendo do número de equipos inscritos)

3-       Os xogadores non se poderán agarrar durante mais de 2 seg. a valla que delimita o terreo de xogo, de producirse esto será sancionado como falta.

4-       Todas as faltas serán sacadas dende o lugar que se producen e cunha barreira situada a 3 metros.

5-       Si un equipo bota o balón fora do terreo de xogo 5 veces, a 6ª será sancionado con penalti.

6-       Si un equipo fai 5 faltas, a 6ª será sancionada con penalti.

7-      O punto de penalti estará situado a 2 metros da portería do equipo que o lanza. No momento do lanzamento os xogadores de ambos equipos deberán de estar en campo propio.

NORMAS DO 3X3 DE BASKET

1-       Cada equipo estará formado por un máximo de 4 xogadores e un mínimo de 3.

2-       A puntuación será con canastas dobles, triples e tiros libres.

3-       A puntuación de cada partido será a 14 puntos ou a pasar ou como tiempo máximo de cada encontro será de 10 min. para a categoría alevín e infantil. Na categoría de  cadetes, xuveniles e senior, cada partido será a 20 puntos ou a pasar ou como tempo máximo de 12 min. (O tempo poderá ser modificado dependendo do número de equipos inscritos)

4-       En todas as categorías todas as faltas sancionaránse con saque de banda salvo aquelas que sexan en acción de tiro, que serán penalizadas con dous tiros libres.

5-       En todas las categorías a partir das cuatro faltas penalizarase o equipo infractor cun lanzamento de tiro libre e posesión para o equipo contrario, sexa cal sexa o resultado do lanzamento do tiro libre.

6-      Existe continuidade na acción. Toda xogada na co tirador sexa obxeto de falta e o seu lanzamento termine en canastra, subirá o marcador co valor do lanzamento. A maiores o atacante disporá dun lanzamento de tiro libre.

INSCRICIÓNS NO CORREO deportes@aestrada.es OU NO TELÉFONO 986570030

NOME DO EQUIPO+MEMBROS DO EQUIPO+IDADE DOS MEMBROS+TELÉFONO DE CONTACTO

Concellería de deportes

Esta entrada fue publicada en Deportes, Festas, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta