O pasado sábado o IES Nº1 presentou o segundo número da revista viva «Nós de Nós» no Teatro Principal.
Os alumnos e alumnas, ANPA e o profesorado cordinados polo EDLG, Biblioteca, Departamentos de Orientación, Plástica e Tics presentaron as seguintes seccións:
– Editorial
– Intermedio Musical a cargo do grupo Jhon Deers
– O Teatro coa participación de representantes do Grupo Veciñal de Orazo de Disfunción Contínua
– Literaria coa intervención do Grupo de Teatro do Clube de lectura do IES e o Grupo Teatral do IES, así como os gañadores dos Certames de microrrelatos e micropoemas deste centro no Concurso promovido polos EDLG do Concello de A Estrada e baixo o título de “ Traballando Xuntos”.
– Lecturas poéticas.
– Sección musical coa actuación do grupo “ Bótalle Terra” e o propio grupo do IES.
– Entrevistas a Paulo Porta (pintor e profesor no Instituto Xelmirez I) e aos exalumnos Manuel Carballo e Marcos Borrageros.
– Crónica de Eventos e Actividades do IES rematando coas actuacións musicais de Cesar (acordeonista do Grupo Treixadura) e Adrián Fuentes ( solista de clarinete).






































