O sábado 13 de Xuño a parroquia de San Xurxo de Vea realizaba unha nova edición da festa de San Antonio, unha festa tradicional que se recuperou hai uns anos na que os veciños e veciñas se xuntaban para compartir un churrasco.
Como se facía nos seus inicios os convidados levan os seus pratos e cubertos e a organización encargase de poñer o menú. Nesta ocasión ademais de churrasco serviron empanada, polbo e postre.






































