A Asociacion A Xesteira ultima detalles da vixésima edición de As Nosas Músicas

IMG_1992A Asociacion A Xesteira reúnese no día de hoxe para pechar detalles da vixésima edición de As Nosas Músicas.

Este festival vense celebrando ininterrumpidamente dende hai 20 anos, sendo un referente musical na comarca e incluso en Galicia. A data de celebración  será coma todos os anos o 14 de agosto, un día que estará cheo de actividades dende primeira hora da tarde.

Coma todos os anos contaremos con zona de acampada, unha Carballeira que a fai máis espectacular, se cabe; contaremos con pulpeiro e con un posto de pizzas para que ninguén pase fame durante a noite. Coma todos estes anos o festival será gratuito así coma o servizo de aparcadoiro que será a vontade.

En canto aos grupos e artistas convidados deste ano, desvelaremolos nos próximos días. Si anunciamos que o largo da tarde do día 14 de agosto contaremos con un obradoiro de xogos tradicionais para todos os públicos a cargo de XANDOBELA. Outra das cousas que podemos anuciar e que, aqueles que desexen aprender a bailar terán o seu obradoiro para poder facelo.

O cartaz deste ano está basado en un debuxo orixinal do pintor Leandro Lamas, aquel que polo ano 1996, deseñaba igualmente o cartaz de aquela pequena criatura que nacía co nome de As Nosas Músicas.

Asociacion A Xesteira

Esta entrada fue publicada en Asociacións, Festas, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta