O alcalde anuncia avances coa variante e o centro do maior

IMG_3251A pasada semana José López facíanos unha valoración dos últimos acontecementos da política local.

O alcalde anunciou que levaban o pasado luns a Tramitación ambiental actualizada da variante e que durante esta semana esperaban obter resporta da Xunta de Galicia. Este será o trámite previo ao pago das expropiacións para poder dar comezo coas obras.

López tamén falou do centro do maior, algo que considera moi importante para o noso concello e que o goberno pretende por en marcha canto antes.

Finalmente o alcalde tamén quixo responder ao partido socialista sobre a acusación de perder unha subvención de AGADER. López defende a tramitación do concello de dita subvención e espera que a xustiza lle de a razón como xa sucedeu anteriormente con outros concellos en contenciosos similares.

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta