Os socialistas denuncian que "a policía local da Estrada se atopa en estado de abandono"

IMG-20150717-WA014As dependencias levan un ano coas obras paradas e sen rematar e un dos coches oficiais leva semanas cunha roda pinchada aparcado diante da porta de acceso á oficina 

Dende fai un ano as instalacións da policía local presentan unha sensación de abandono e caos como resultado das obras que o Concello iniciou e nunca rematou. Agora esta sensación trasládase xa ao exterior da sede da policía, onde dende fai 2 semanas pode verse un vehículo oficial cunha roda pinchada aparcado na praza xunto diante da porta de acceso.

“O alcalde López Campos, máximo responsable da xefatura de policía local da Estrada, ocúpase só de vender titulares para a prensa pero esquece a execución do día a día”, denunciou a portavoz socialista.

En 2014 prometeu acondicionar a sede local da policía e dixo que as obras durarían dúas semanas, e un ano despois vemos como a obra nunca se rematou, e os policías traballan entre cables colgados do teito, co piso levantado e con mobiliario do máis variopinto, “e xa non falemos de prevención de riscos nas dependencias”, ironizou Louzao.

O orzamento de 2015 recolle unha dotación de 15.000 euros prevista “para arranxar a desfeita, pero parece que cando van ala 7 meses do ano o alcalde inda non topou tempo para acabar esta obra”.

Vehículo oficial en estado de semi-abandono

Como xefe da policía local ao Alcalde amosa unha total despreocupación polas súas instalacións e os vehículos oficiais. A policía local non só é un corpo de seguridade, se non que tamén proxectan a imaxe do noso pobo. A sensación de deixadez que actualmente traslada ao público o vehículo en estado de semi-abandono no medio da praza da feira é realmente deplorable.

“Estamos certos que cando o concello reciba o novo coche e a moto que lle vai entregar a xunta o alcalde José López non dubidará en facerse unha foto –seguramente acompañado dalgún cargo do PP na Xunta- e venderá outro titular de autobombo, pero parece que se esquece que non todo é estrear traxes novos, que as veces tamén hai que arranxar os traxes de diario”, comentou a socialista.

PSdeG PSOE de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta