A ACOE e o parking Catromar chegan a un acordo para facilitar o estacionamento no centro

2015-07-17 13.43.49A Asociación de Comerciantes de A Estrada e o parking da rúa San Antón chegaron a un acordo para facilitar o estacionamento dos clientes que se achegan a realizar as súas compras ao centro da vila.

O aparcamento Catromar realizou 50.000 tíckets, podendo ampliarse a cantidade se houbera máis demanda, que suporán unha hora de estacionamento gratuíto, podendo ser máis tempo se se dispoñen de varios tíckets ao ser acumulativos.

O estacionamento estradense farase cargo do 50% do importe dos tíckets e os comercios asociados que se unan á campaña aportarán a outra metade, estes establecementos deberán indicar de maneira visible que dispoñen deste desconto.

Esta entrada fue publicada en Asociacións, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta