A deputada do BNG critica a redución de plantilla nesa oficina e que “por riba non cubran siquera as ausencias estivais”
A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para demandar ao Ministerio de Facenda, de quen depende a Sociedade Estatal de Correos, que reforce a plantilla de traballadores da oficina postal de A Estrada.
Explica Davila que o BNG “denunciou en moitas ocasións o deterioro do servizo de Correos, en particular en localidades e áreas rurais. A redución de personal, a falla de reposición por xubilacións, enfermidades e outras razóns está a levar ao límite á plantill de traballadores do servizo postal”, caso de A Estrada.
*O deterioro dun servizo universal*
A deputada nacionalista sinala que “recentemente o personal de Correos da oficina estradense viuse obrigado a concentrarse diante do consistorio e a movilizarse para demandar algo tan simple como a cobertura das ausencias estivais por vacacións, que deixan ao personal con catro traballadores menos”.
“Chove sobre mollado, porque hai xa un mes que Correos reduciu a plantilla en tres persoas, prescindindo de dos postos nos servizos rurais e doutra praza no servizo urbano de reparto a pé”. Así que, enfatiza, “imaxínese o Ministerio en que condicións de sobrecarga de traballo deixa á plantilla. É evidente que baixo esta situación resulta imposíbel que se cumpra coa obriga de reparto diario de luns a venres”, afirma Davila.
Advirte de que o reparto faise moi complexo nas zonas rurais. “Algún carteiro chega a realizar 92 quilómetros ao día, co cal a precariedade resulta manifesta co que acabamos de descreber. Non só polos recurtes de personal e as reestructuracións de oficinas, senón tamén polas conxelacións salariais e a supresión de pagas extra que sofriron estos traballadores públicos. Só na provincia pontevedresa perdéronse 400 postos de traballo
fixos en Correos nos últimos tres anos”.
Para a deputada do BNG é manifesta a necesidade de mellorar as condicións laborais e a plantilla desta oficina de Correos.
*Privatización á vista*
Pola súa parte, Xosé Magariños, concelleiro do BNG da Estrada, afirma que «logo de falar cos traballadores e traballadoras do servizo de Correos, chegamos á conclusión de que detrás destes recortes hai unha intencionalidade clara de deteriorar o servizo para privatizalo posteriormente». «O procedemento que está a seguir o goberno central con
Correos é de manual», afirma.
«No caso da Estrada, este recorte do persoal de reparto de Correos nótase especialmente, polo extensión do noso concello e polo elevado número de núcleos de poboación», indicou o concelleiro nacionalista, «agardemos que con esta iniciativa os deputados do PP tomen nota e eviten o evidente deterioro do servizo na Estrada».
BNG de A Estrada