A Estrada Futsal presentou este martes os seus equipos senior masculino e feminino e comezaron os adestramentos de cara a nova tempada.
Marcos Sesar e Manuti serán os adestradores dos equipos masculino e feminino,
respectivamente.
O presidente José Manuel Reboredo dirixeuse aos xogadores e xogadoras para mostrar a predisposición do club a formar unha gran familia entre todos os equipos de A Estrada Futsal, onde todos celebren os éxitos de cada unha das categorías.







































