Desde a Asociación Cultural “Vagalumes” informamos que o vindeiro venres 4 presentaremos o libro de Carlos Solla “A conxura dos Gosende” na sala de exposicións de Abanca (Rúa Principal, A Estrada), ás 20:30 h. Intervirá o autor e membros de Capitán Gosende que darán conta do labor de descuberta e defensa do patrimonio de Terra de Montes.
Esta obra da conta destas actividades como recolle no seguinte treito: “E nesas andamos, percorrendo o territorio entre o Verdugo e o Umia, os ríos, fontes e regatos pequenos desta nosa milenaria Terra de Montes, aínda que a cacicaxe reinante non vexa máis ca “montes de terra”, para degradar, espoliar e malvender ao mellor postor. Terra de Montes é moito máis ca un viveiro de fachendosos de parroquia metidos a políticos, trepas mediocres que utilizan os concellos para autopromocionarse, para beneficiarse das prebendas do poder.”
Este volume continúa o traballo comezado n’O código da vincha e As pedras da tribo, dentro da colección Cerdedo in the Voyager, unha viaxe pola historia e cultura milenarias de Cerdedo.
Asociación Cultural “Vagalumes”






































