Ramón Vilar recollerá esta tarde o premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela no recinto feiral

Este venres, día 25, ás 19.00 horas, terá lugar a entrega da XX Edición do “Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela”, cuio gañador foi: Ramón Vilar Landeira.

O mantedor do acto será, Miguel Angel Ríos Fernández, Presidente da Real Academia de Ciencias de Galicia.

A ofrenda floral e homaxe exterior, correrá a cargo de María del Carmen García Torres.

Ao acto asistiran entre outros, o alcalde estradense, José López Campos, o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, a Deputada Provincial, Digna Rivas, o concelleiro de Cultura, Juan Manuel Constenla Carbón e demais autoridades e persoeiros do panorama sociocultural galego.

O acto desenvolveráse en dúas partes, unha no patio exterior do recinto feiral, xunto ao monolito ubicado en memoria de Reimóndez Portela e a segunda parte, no interior do pavillón número catro, onde se levará a cabo a proclamación do gañador e a entrega de galardóns, así como, as intervencións oportunas.

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta