A pasada semana A Estrada comezou un novo obradoiro de emprego no que mozos e mozas formaranse no oficio da albanelería. Durante este tempo porán en práctica estes novos coñecementos reformando o edificio de usos múltiples para convertelo na futura Casa da Música.
Na nosa nova colaboración coa canle local Nós TV realizamos unha pequena reportaxe na que falamos con Juan Constenla, Tenente de Alcalde, Ignacio Taboada, director do obradoiro, e cun alumno para saber algo máis sobre as finalidades deste obradoiro.
Poden ver o vídeo premendo sobre a imaxe principal ou no seguinte enlace:
http://www.nostv.tv/index.php/video/108/obradoiro-de-emprego-na-estrada/