Este fin de semana disputase a partir das 16:30h. no campo municipal de A BAIUCA, A Estrada a 5ª xornada da liga galega de fútbol gaélico feminino e masculino, que enfrontará ós catro equipos estradenses cós equipos de Pontevedra e Ourense.
Irmandinhos e Irmandinhas A Estrada enfrontase os equipos de Pontevedra F.G. Equipos a priori que non lle deberían dar moitos problemas, ainda que nunca se sabe sempre pode haber unha sorpresa, pla banda masculina o Pontevedra F.G reforzouse esta tempada e a experiencia deste últimos anos está facendo que se consolide na 1ª división galega.
Pola banda feminina o Pontevedra F.G sempre é un rival moi duro que mellora en cada partido e sempre da moita guerra, este ano queren dar a sorpresa e consolidarse no podium da categoría
Pola parte dos Bratihreachas F.G enfrontanse ós equipos Ourensanos do Auriense F.G, equipos formandos o ano pasado que despois de competir en varios torneos xa están perfectamente compenetrados. O equipo masculino é un equipo moi rápido, son un dos rivais máis complexos da 2ª División.
Pola banda feminina o Auriense F.G pretende buscar o seu sitio na categoría e pouco a pouco vai mellorando, vai ser un partido moi igualado e moi bonito de ver.
De cara ós partidos de este sábado o estado ánimico compensará o estado físico post europeo e seguro que as 4 escadras estradenses ofrecen un gran espectáculo e conseguen que os oitos puntos queden na casa. Tanto membr@s de Irmandinhos A Estrada como de Braithreachas veñen de competir o fin de semana pasado na segunda rolda do torneo Pan Europeo onde acadaron o 4º posto na categoría feminina, que lles sirveu para proclamarse subcampionas de Europa, por detrás de Bélxica.
No eido masculino os Irmandinhos A Estrada, repetirion o 3º posto acadado na Estrada, e remataron o torneo como 3º de Europa. Pechando un podio que encabezaba de novo, 10 anos despois, París.
Tanto xogadores como a directiva están moi emocionados con estes resultados e cá imaxe dada, posto que os equipos ós que se enfrontaron, son equipos formados fai moitos anos e levan moitos anos competindo ó máis alto nivel. Lembramos que Irmandinhos A Estrada, formouse fai só 3 anos.
O terceiro tempo será as 21:30h no Mesón A Vila de A Estrada e esta convidado todo o mundo.






































