O IES Nº1 celebrou o Día das Bibliotecas Escolares

Biblioteca IES N1Onte, luns 26 de outubro, o IES Nº 1 conmemorou o Día das Bibliotecas Escolares, ao coincidir o día oficial en sábado.

O acto, ao que foi convidada toda a comunidade educativa, retomou o lema do ano pasado —“Coa boca chea tamén se le”— para deixar unha doce lembranza do día en todo o alumnado participante. Así, mentres a rapazada gozaba dun chocolate ben quentiño, diverso profesorado do IES lles ía lendo textos que, como vén sendo habitual nos últimos anos, comparten con nós diversos persoeiros da cultura galega. Nesta ocasión amosáronnos a súa xenerosidade e o seu saber sobre as bibliotecas, os libros e a literatura o escritor David Otero (grazas infinitas, compañeiro, por todo o que nos segues a dar!), as escritoras Ledicia Costas, Mercedes Queixas, Isabel Rei Sanmartín e Susana Sánchez Aríns, e a nosa querida ex-alumna Anabel Montouto.

A Biblioteca do IES Nº 1 segue medrando grazas a vós.

Manuel Valcárcel Valladares, director IES Nº1

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta