O PSOE cre que os presupostos da Xunta para o vindeiro ano manterán á Estrada "en caída libre"

PSOE 221015O PSOE de A Estrada fixo valoración dos presupostos da Xunta para o vindeiro ano a través do seu secretario xeral, Xosé Antonio Dono, acompañado de Luís Rendo e Manuel Fernández, edís socialistas.

Dono cre que estes presupostos soamente manterán á Estrada “en caída libre” ao non destinarse fondos para infraestruturas e solo industrial.

Os socialistas tamén votan de menos inversión para o Centro de día e a Fundación, que ante esta carencia de apoios cren que estará condenada a desaparecer.

O único positivo para á Estrada destes presupostos según o secretario xeral é a inversión para a gardería que cre que pode chegar a bo fin e acabar coa demanda de prazas para a gardería municipal actual. Tamén considera positiva a inversión para a sede do 112 aínda que non cre que este traslado sexa útil para á Estrada.

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta