Hoxe venres 20 de novembro ás 20:30 h. a Fervenza de Ouzande organiza unha charla sobre *PROTECCIÓN NATURAL DE CULTIVOS*.
Charla coloquio con Alicia Rey, xerente da firma estradense Biosolutio (Praza da Feira) e especialista e trataamentos naturais con produtos biosanitarios.
Nesta horta falaranos de agricultura natural e o emprego de produtos biosanitarios nos nosos cultivos. Tamén aprenderemos como substituír o uso de produtos químicos, prexudiciais para a saúde, por métodos naturais.
*Esta actividade é gratuíta e non precisa inscrición. *