O CIT presentará o libro "Volframio, música e profecías" no MOME

2

O Centro de Iniciativas e Turismo de A Estrada organiza a presentación do libro editado por “Meubook” titulado “Volframio, música e profecías” da autoría domédico santiagués Marcelino Salgueiro Rodríguez. O acto terá lugar o vindeiro venres día 4 de decembro ás 19 horas no MOME.

O doutor Salgueiro -neto de estradenses-,  exerceu a medicina na Estrada durante doce anos como médico de centros de bacharelato e médico forense. Mantén coa nosa vila unha estreita relación familiar e de amizade, onde deixou fonda pegada pola súa profesionalidade e bonhomía. Exerceu a medicina durante 46 anos ata xubilarse sendo Xefe de Sección de Exploración Funcional Respiratoria no Hospital Clínico Universitario de Santiago. Foi profesor asociado de medicina na universidade compostelá e realizou diferentes traballos de investigación, intervindo en diversos congresos e publicando traballos en revistas especializadas nacionais e internacionais. No campo das letras é esta a súa terceira publicación, tendo varias obras inéditas de narrativa, teatro e poesía.

CIT A Estrada

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta