A Estrada Futsal pecha o ano con vitorias de todas as categorías

_MG_7316O pasado fin de semana A Estrada Futsal vivía unha xornada histórica coa que pechaba o ano 2015 antes do descanso de Nadal.

O club contaba cos 5 equipos xogando como locais polo que preparou sorteos, chocolatada con churros e outras sorpresas.

Os rapaces e rapazas que conforman esta gran familia do futsal estradense acompañados dunha volcada afección conseguiron facer historia cun pleno de vitorias en todas as categorías.

no images were found

A xornada iniciaba o sábado o Pastelería Cervela Alevín que acadou unha cómoda vitoria por 6 goles a 0 no seu encontro contra o Poio Pescamar.

no images were found

Seguidamente chegaba o turno das rapazas do City Lift B que conseguían unha traballada vitoria contra o Portas por 2 goles a 1.

O City Lift A acadou un resultado engañoso ante un Fisober ao que foi superior, pero que tivo opcións durante todo encontro para impedir a vitoria das rapazas do primeiro equipo do Futsal. Finalmente o resultado foi de 3 goles a 2 para as locais.

no images were found

A xornada do sábado pechaba o Vasán Inversia A Estrada Futsal nun dos encontros máis importantes do fin de semana, ao que respondeu a afección local cunha importante entrada para apoiar aos rapaces de Marcos Sesar.

O primeiro equipo masculino acadou unha traballada e importante vitoria ante A Pontenova que o sitúa a tan só 2 puntos do primeiro posto da competición.

O resultado final foi de 8 goles a 3 nun partido moi trabado onde os locais protestaron a dureza empregada polos visitantes en algúns lances do encontro.

no images were found

Xa no domingo chegaba o turno do Pastelería Cervela Infantil no que os rapaces de Maricho conseguían a súa primeira vitoria por 4 goles a 3 contra o Inter Pontevedra.

Os rapaces do equipo infantil dominaron un partido de ida e volta no que as mellores ocasións foron para o equipo local que chegou a cadar unha renda de 3 goles podendo ampliar o marcador, pero nos últimos minutos o equipo visitante conseguiu reducir distancias en dúas contras.

no images were found

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta