Dende o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada informamos que está aberto o prazo para inscribirse no procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia profesional ou de vías non formais de formación. Hai 2.171 prazas nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 646 prazas.
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: 455 prazas.
- Servizos para o control de pragas: 50 prazas.
- Xestión de servizos para o control de organismos nocivos: 50 prazas.
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais: 200 prazas.
- Socorrismo en instalacións acuáticas: 200 prazas.
- Extinción de incendios e salvamento: 250 prazas.
- Confección e mantemento de artes e aparellos: 70 prazas.
- Aproveitamentos forestais: 100 prazas.
- Tanatopraxia: 150 prazas.
A información e orientación necesaria para aquelas persoas que queiran participar no procedemento será facilitada nos seguintes puntos:
- No instituto galego das Cualificacións.
- Nas xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
- Nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia.
- Nos centros propios de formación profesional para o emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Esta información tamén será proporcionada polo Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada.
Todo o referente a prazos de inscrición, requisitos, documentación necesaria , taxas, fases do procedemento , etc… atópase no DOG nº 5 do luns 11 de xaneiro de 2016.
O obxecto do recoñecemento de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.
Deste xeito as persoas que teñen experiencia laboral ou formación non acreditada poden chegar a acadar dunha forma sinxela parte dun título de formación profesional que lle facilitará a inserción ou continuidade no mercado laboral.






































