O Vasán Inversia Seguros non pode co líder

_MG_8906O pasado fin de semana o Vasán Inversia Seguros A Estrada Futsal enfrontábase ao líder da competición, Pazos de Borbén, nunha oportunidade para acadar a cabeza da táboa, pero a mala sorte de cara o gol e a boa actuación do porteiro visitante aliáronse en contra do equipo local que acabou perdendo por 2 goles a 6.

A primeira parte do encontro estivo moi igualada con moitas ocasións do Vasán Inversia para adiantarse no marcador, pero foi o Pazos de Borbén quen golpeou primeiro. Minutos máis tarde os locais conseguiron igualar o encontro, que volverían a poñer ao seu favor os visitantes minutos antes do descanso rematando a primeira parte 1-2.

Xa no segundo tempo quedou claro que a fortuna non estaba do lado dos estradenses esa tarde errando claras ocasións de gol, mentres os visitantes aproveitaban as súas ocasións ata poñerse cunha vantaxe de 3 goles. Con este marcador tan adverso os locais arriscaron máis xogando con porteiro xogador, propiciando contragolpes que obrigaron aos de Marcos Sesar a cometer moitas faltas e sendo penalizados con 3 dobres penaltis, chegando así a poñerse 5 goles arriba o Pazos de Borbén.

Nos últimos minutos o Vasán Inversia Seguros consígueo marcar o segundo gol reducindo distancias, pero xa moi tarde para unha posible remontada no marcador rematando o encontro cunha clara vitoria do líder da categoría.

Pola súa banda o City Lift tampouco tivo o seu día perdendo na súa visita ao Tenorio por 1 gol a 0.

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta