O pasado venres Cores Tourís visitou acompañado do alcalde as obras da futura Casa da Música onde López lle trasladou a necesidade dun novo obradoiro de emprego, o que sería o sexto consecutivo, para finalizar o acondicionamento das futuras dependencias do conservatorio.
Nesta primeira fase o obradoiro de emprego preparou varias aulas na primeira planta do edificio, nunha próxima fase, que dende o concello esperan poder realizar nos vindeiros 6 meses con outro obradoiro, proxectan arranxar a planta baixa onde ensaia a banda, as dependencias de protección civil despois do traslado do grupo ao Centro Comarcal e a praza, eliminando o peche que ten agora e acondicionándoa con elementos relacionados coa música.