Este sábado as edis Lucía Seoane e María del Carme Durán presentaron a programación do entroido na Estrada que traerá 4 días de actividades, bailes e concursos.
Haberá unha gran carpa na praza da Constitución con cañóns de calor para garantizar o mellor ambiente para as actividades programadas.
Sábado 6
17:00 – 20:00 horas na Carpa da Praza do Concello
Baile infantil de disfraces, actividades xestionadas por Animation con talleres e xogos para os cativos e festa de coreografías.
Domingo 7.
18:00 – 21:00 horas na Carpa da Praza do Concello
Baile dos maiores que este ano premiarase ao mellor disfraz cunha cesta de Entroido e degustación gratuita de orellas, filloas e chocolate.
Luns 8.
17:00 horas: Desfile e concurso de disfraces con premios individuais, por parellas e grupos, cun premio especial para grupo local, dende a Praza da Feira ata a Praza do Concello. O xurado estará conmposto por Saly Torres, Pedro Pérez e Lucía Seoane. Presentarán Pablo Chichas na Praza da Feira e Isi na do Concello.
Martes 9.
16:30 horas: Desfile do Entroido tradicional que nesta ocasión será día festivo desde Rúa Antón Losada ata a Praza da Feira.
Participaran as parroquias de Guimarei, Callobre, Couso, San Xurxo de Vea, San Miguel de Castro, Arnois, Loimil, Moreira, Riobó e centro xuvenil A Estación, acompañadas dos Xirimbao Boys. Algunhas parroquias farán a súa actuación na Praza da Farola e outras no palco da praza da Feira ao terminar o desfile.
18:30 horas: Na Praza da Feira actuará o Padre Xiao e terá lugar o atranque dos Xenerais de Couso.
Nos próximos dous fins de semana as parroquias tamén terán os seus entroidos:












































