O Circuíto "Corre A Estrada Corre" cambia a proba Vertical pola do Salmón

Presentación Corre A Estrada CorreO sábado 27 de Febreiro dará comezo a cuarta edición do circuíto «Corre A Estrada Corre». A primeira das carreiras que o compoñen é o «Cross Río Liñares».

Neste V Cross o circuíto variará por mor do mal estado do trazado habitual, en concreto a ponte medieval do Río Liñares. Para completar os 8 quilómetros de recorrido encintarase a praia fluvial, un entorno moi atractivo para a práctica deste deporte.

Con respecto a outros anos destacan dúas novidades no circuíto, en primeiro lugar desaparece a carreira «Vertical Estradense» que se impulsou o pasado ano, debido a que os participantes lle parecía un recorrido moi reducido con tan solo 2 quilómetros. No seu lugar incluirase a 5K Festa do Salmón, máis atractiva para os atletas ao contar con 5 quilómetros de dificultade baixa e apta para todos os públicos, ademais de servir de promoción para a Festa do Salmón.

Outra novidade é que todas as inscricións se deberán realizar a través da web www.emesports.es. Ata agora solo se debían inscribir os adultos e os nenos xestionaba as inscricións o concello, pero agora deberán anotarse todos na web, sendo gratuíto para os nenos. Ao introducir a idade xa automaticamente deriva ao participante a categoría correspondente.

Completan o circuíto a «V Nocturna Estradense» e «VI Memorial Manuel Bergueiro».

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta