O 1º Salón do Vehículo de Ocasión, contará co respaldo da 6ª Feira de Oportunidades do Comercio e 49ª Feira de Antigüidades e Artesanía

cartel_1_salon_vehiculo_ocasion• Inaugurando o calendario feiral, o recinto estradense estrena un novo certame de promoción económica: 1º Salón do vehículo de ocasión, con máis dun centenar de vehículos expostos.

• Unha triple mostra que ocupará un total de 7.600 m2 de espazo expositivo.

• A mostra abrirá as suas portas ao público do 11 ao 13 de marzo, co espazo expositivo completamente cuberto.

• Preto de setenta firmas expositoras, daránse cita neste certame.

• Antigüidades, Artesanía e comercio local, darán cobertura ao 1º Salón do vehículo de ocasión.

• Entrada de balde para visitantes e sorteo de catro vales de compra, serán un incentivo para movilizar ao público e atraelo ao recinto ferial.

• Liquidación de stocks a prezos incluso mais competitivos que en épocas de rebaixas.
Cando falta pouco máis dun mes para que a 6ª Feira de Oportunidades do Comercio e 49ª Feira de Antigüidades e Artesanía abra as súas portas ao público, o espazo expositivo atópase totalmente comercializado.

cartel_49_feria_antiguedades_2016Coincidindo coa inauguración do calendario feiral 2016 deste recinto, o equipo organizativo, encabezado polo seu responsable Nemesio Rey Pazos, da a coñecer unha nova aposta de promoción económica, como será a celebración neste recinto feiral do 1º Salón do vehículo de ocasión, no que se expoñerán máis dun centenar de vehículos.

Neste triple certame, daránse cita preto de setenta firmas expositoras que ocuparán un total de 7.600 m2 de espazo expositivo, distribuido en catro pavillóns (pavillóns nº. 1, 4, 5 e 6).

A inmensa maioría das firmas presentes, proceden da Comunidade Autónoma de Galicia. Das firmas presentes, sobresae a presenza do comercio local estradense.

Tras o éxito obtido en pasadas edicións, o equipo organizativo considerou oportuno celebrar as tres mostras conxuntamente, facéndoas coincidir no tempo, aínda que, os certames seran publicitados por separado. Deste xeito, un certame beneficiase do tirón dos outros. Ao mesmo tempo, consíguese unha ampla e variada gama de productos, o que contribúe significativamente a que o certame sexa mucho mais interesante e atractivo de cara ao público.

12540518_989611494465384_5096773147090696591_nO Recinto Feiral estradense, mantén a gratuidade da entrada ao recinto e ademais, sortearánse entre os visitantes, catro vales de compra. Os sorteos efectuaranse o sábado e o domingo.

El recinto ferial abrirá do 11 ao 13 de marzo. A apertura o venres, será de dezaseis a vinteunha horas e o sábado e domingo, o horario será ininterrumpido de dez a vinteunha horas.

Esta mostra ven estando tradicionalmente moi concurrida porque nela, os visitantes poderan mercar todos os productos a prezos mais reducidos incluso que en períodos de rebaixas xa que, é unha outlet de liquidación de stocks. Unha oportunidade para incentivar a participación do público e á vez, dinamizar o comercio local. Calzado, textil (nenos/adultos), menaxe, óptica, tapicería, descanso, decoración, artesanía, antigüidades, libros, porcelana, coches seminovos e de segunda man, etc…, son mostras do que o visitante poderá atopar neste evento de promoción económica. Esta grande Outlet é o que todos están agardando, polo atractivo dos seus productos e pola súa calidade.

Os certames, presentan un elenco variado de productos aptos para todo tipo de economías domésticas.

Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Empresas e Comercio, Feiras, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta