Despois dunha senda de encontros nos que o C.D. Estradense non conseguiu a vitoria, este domingo os xogadores de Tinto tentarán volver a senda do triunfo, esperando poder manterse entre primeiros clasificados e aspirar ao ascenso ao final da tempada.
Actualmente o cadro local atópase quinto na táboa a 3 puntos dos postos de promoción.
Durante o encontro que se disputará este domingo 14 de Febreiro, ás 17:00 horas no Campo Municipal de A Estrada, sortearase unha cesta de entroido doada por Helvetia. Tamén haberá filloas con mel e chourizo.