Programación de Primavera no Teatro Principal

iria01Toda esta programación poderase consultar na app gratuíta para dispositivos móbiles tanto con soporte IOS como Android así como tamén na páxina web do Concello

MARZO

DÍA E HORA: VENRES 4 (21.00 h)
EVENTO: “PLAY. HISTORIA DE MESTRE E PUPILO” (Bandullo Azul)
XÉNERO E CALIFICACIÓN: Comedia (+5)
DURACIÓN: 55 min
PREZO ENTRADA: 5,00 €
SINOPSE: Maestro, unha vella gloria dos escenarios, leva toda unha vida viaxando por todo o mundo co seu espectáculo, Play. Nesta ocasión recala en Galicia co seu teatriño, pero non vén só. Decidiu hai un tempo que hai que irse retirando e por iso acolleu na súa escangallada caravana un aprendiz, Pupilo, para que sexa o seu sucesor. Entre os dous xurdirán varios conflitos, porque, aínda que Maestro quere deixalo, non quere que o seu espectáculo mude. Pola súa banda, Pupilo, dunha xeración distinta, quere facer cousas anovadoras, máis acordes cos tempos. Os desencontros converterán cada función nunha amálgama de problemas que terán que resolver para que o espectáculo continúe. Trátase daquela dunha tola e delirante comedia ambientada no trapalleiro e perralleiro escenario que Ficha artística acompañou a Maestro durante tantos anos.

Escudo.novoDÍA E HORA: SÁBADO 5 (12.30 h)
EVENTO: “LUPPO” (Baobab Teatro)
XÉNERO E CALIFICACIÓN: Comedia (+4)
DURACIÓN: 50 min
PREZO ENTRADA: 3,00 €
SINOPSE: Luppo gañou o premio ao Mellor Espectáculo Infantil na XVIII Feira de
Teatro de Castela e León 2015, para a que foi seleccionado de entre máis de mil
propostas. Trátase dun conto marabilloso que fala de sentimentos e emocións, do ciclo
da vida, do apego coas persoas, da relación cos nosos veciños, da importancia das
historias que construímos… O protagonista é un home maior que vive só e todos os
días ás 12 prende o seu gramófono para escoitar a mesma canción de ópera. Ten un
amigo, Tulún, un neno de 5 anos que todos os días ás 12 vai visitalo e levarlle pan, leite
e o xornal. Luppo cóntalle historias fascinantes da súa vida e segredos que agocha no
seu gramó- fono. Un día Tulún chega a casa de Luppo e este non está…

DÍA E HORA: VENRES 11 (21.00 h)
EVENTO: RETROUSO EN CONCERTO. PRESENTACIÓN DO DISCO “DOUS”
XÉNERO E CALIFICACIÓN: Concerto de música tradicional e folk (Todos os públicos)
DURACIÓN: 90 min
PREZO ENTRADA: De balde, ata completar aforo.
SINOPSE: O grupo de música tradicional nacido en Ouzande, presenta o seu
segundotraballo discográfico, baixo o título de DOUS. Hai dez anos, no ano 2006, un
grupo de mozos e mozas que aprenderan xuntos, e que tocaban xuntos, decidiron
chamarse Retrouso. Tocaron en ducias de ruadas, foliadas e festas grandes e
pequenas. En 2012 sacaron OU, o seu primeiro traballo. Hoxe, dez anos despois do
principio, achegan DOUS, maduro, limpo, fresco e caleidoscópico. Brillante. Nesta
ocasión estarán acompañados, como introdución do espectáculo, dunha
representación do labor de dinamización musical levado a cabo na AC A Fervenza de
Ouzande e máis do grupo de cancións Recanto, que servirán de preludio ao concerto
de Retrouso.

DÍA E HORA: SÁBADO 12 (21.30 h)
EVENTO: “TRIBUTO AL POP” (Antonio Seijo & Skylight”)
XÉNERO E CALIFICACIÓN: Concerto pop (Todos os públicos)
DURACIÓN: 70 min
PREZO ENTRADA: 3,00 €
SINOPSE: Antonio formou un grupo pop para conmemorar os seus trinta anos nos
escenarios que se deu o nome de «Antonio Seijo & Skylght», o grupo está composto
por violín, batería, baixo, teclados, guitarra e saxo, un novo concerto, onde o violín é o
tema do concerto que titulado «Tributo a Pop», con temas familiares como «Livin’on a
Prayer», de Bon Jovi, «The show must go on» do queen, ou «vivir a vida» Cold Play,
entre outros grandes títulos, co cal en 2015 recolleu este gran logro e eloxios do
público e da prensa e radio.

DÍA E HORA: VENRES 18 (21.00 h)
EVENTO: “OS AMORES DE JACQUES O FATALISTA” (Produccións Teatrais Excéntricas)
XÉNERO E CALIFICACIÓN: Comedia (+14)
DURACIÓN: 90 min
PREZO ENTRADA: 3,00 €
SINOPSE: Jacques e o seu amo camiñan cara o lugar máis próximo, como fai todo o
mundo. Para entreter o camiño, Jacques o fatalista e o seu amo contanse historias,
falan da vida e acaban por falar do amor, como fai case todo mundo. Aproveitando
que non hai mulleres, permítense dicir cousas das mulleres que non se atreverían a
dicir se houbese mulleres diante. Como fan algúns homes. Bastantes.
Este paraíso masculino «estragase» cando aparece en escena a Pousadeira. Ou cando
Jacques e o outro chegan á pousada dela. A Pousadeira é tan falangueira como Jacques
e conta contos, fala das cousas da vida e emite asombrosas opinións sobre as mulleres
e os homes sen importarlle moito ser escoitada por tres homes. Si, tres, porque
ademais de Jacques e o seu amo tamen escoita, atentisimo e calado coma un peto, o
marido da Pousadeira.
Estes contos, interrompidos constantemente polos outros, como acontece nas
mellores conversas, tentan buscar a diferenza entre o enamoramento e a sedución,
entre o sentimento e o instinto, entre a paixón e a violencia, entre o engano e o
enxeño, entre o insulto e a liberdade de expresión, entre o nefando pecado do
adulterio e a libre circulación de fluidos…en definitiva, sobre os amores. Tamén se
tratarán temas importantes como a dominación de clase, a prostitución, a amizade, o
roubo, a coraxe, a poesía e o tabaco.

ABRIL

DÍA E HORA: VENRES 1 (21.00 h)
EVENTO: “O FURANCHO” (Ibuprofeno Teatro)
XÉNERO E CALIFICACIÓN: Comedia (+14)
DURACIÓN: 80 min
PREZO ENTRADA: 5,00 €
SINOPSE: No noso furancho pódese consumir o excedente de viño, que é sinónimo
de humor, e gozar dun espazo de comunión e complicidade no que o público acode a
empaparse coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante.
E para quen non sexa de moito beber alcohol, no noso Furancho Spa resort vitinícola
Rosalía de Castro ofrecemos tratamentos de beleza e saúde baseados na viñoterapia.
O corpo humano é unha parra que se expande. Cada célula é unha uva que nos flúe
por dentro. Nós cruzamos as sementes das cepas máis exquisitas para atopar a
combinación perfecta que che aporte relax e benestar. Todo sen química, nin sulfitos.
Ecolóxico 100%.

DÍA E HORA: SÁBADO 2 (17.00 h)
EVENTO: “CARAPUCHIÑA VERMELLA, O MUSICAL” (Educa Teatro)
XÉNERO E CALIFICACIÓN: Musical (+2)
DURACIÓN: 50 min
PREZO ENTRADA: 6,00 €
SINOPSE: Carapuchiña é unha nena duns nove anos. Un día a súa nai encargoulle ir á
casa da avoa para que lle levase unha cesta con froita, un tarro de mel e unha botella
de viño doce. Polo camiño atopará amigos, aventuras con árbores bailarinas,
cancións… e incluso un lobo que fará das súas para intentar papala.
A historia está narrada por Plácido, un escritor de contos que, axudado pola súa vella
máquina de escribir, traballará arreo para mecanografar o conto máis bonito do
mundo enteiro: Carapuchiña Vermella.

DÍA E HORA: VENRES 15 (21.00 h)
EVENTO: “PALABRAS MALDITAS” (Teatro do Noroeste)
XÉNERO E CALIFICACIÓN: Teatro contemporáneo (+14)
DURACIÓN: 100 min
PREZO ENTRADA: 5,00 €
SINOPSE: Un perseguido profesor experto en poesía francesa e unha prostituta
coinciden nunha sórdida pensión da Coruña, nos anos corenta, en plena época de
represión e asasinatos. A pesares das aparentes diferencias que os separan, aférranse
o un ao outro como a única táboa de salvación no inmenso océano de soidade. E entre
os dous formarán un tándem pletórico de inspiración.

MAIO

DÍA E HORA: DOMINGO 1 (19.00h)
EVENTO: “CHEFS” (Producciones Yllana)
XÉNERO E CALIFICACIÓN: Comedia xestual (Todos os públicos)
DURACIÓN: 80m
PREZO: 10,00€
SINOPSE: CHEFS é unha ollada divertida cara o mundo da gastronomía tan de moda
agora no eido televisivo. A historia céntrase nun chef de gran prestixio que perdeu a
inspiración e que debe confiar nun disparatado equipo de cociñeiros para crear unha
receita espectacular e novidosa coa que manter as estrelas do seu restaurante.
Paralelamente faise un percorrido polo mundo da cociña, os animais que nos
alimentan, os diferentes sabores do mundo ou os egos dos cociñeiros máis
recoñecidos. Todo co selo inconfundible da compañía Yllana, auténticos mestres no
ámbito da comedia xestual.

DÍA E HORA: SÁBADO 7 (12.30 h)
EVENTO: “RA RA RA” (Abrapalabra Creacións Escénicas)
XÉNERO E CALIFICACIÓN: Comedia (de 2 a 12 anos)
DURACIÓN: 50 min
PREZO ENTRADA: 3,00 €
SINOPSE: Un divertido espectáculo no que, xogando en verso ou en prosa, dous
actores e dúas actrices fan que as ras, perdéndolle o medo á noite, aprendan a cantar.

DÍA E HORA: VENRES 13 (21.30 h)
EVENTO: LULAVAI PRESENTA “LÉMBRAME UN SOÑO”
XÉNERO E CALIFICACIÓN: Concerto folk (Todos os públicos)
DURACIÓN: 70 min
PREZO ENTRADA: 5,00 €
SINOPSE: Xira de presentación do segundo traballo discográfico de Lulavai, evocando
no seu título unha canción do célebre cantautor Fausto, que reflexa á perfección a
atmósfera acadada neste CD. Temas de composición propia, sen perder o referente da
música tradicional, e pinceladas de músicas do mundo, clasica, jazz…dan forma a este
traballo de orixinais e evocadores sons.

XUÑO

DÍA E HORA: SÁBADO 4 (21.30 h)
EVENTO: “FLAMENCO”
XÉNERO E CALIFICACIÓN: Musica e danza flamenco (Todos os públicos)
DURACIÓN: 70 min
PREZO ENTRADA: 5,00 €
SINOPSE: Cando a paixon, o conecemento e a experiencia se unen, o resultado e
sempre unico. Iso é exactamente o que sucede cando baila Isaias Salazar e lle
acompanan Miguel Flores á guitarra e Sandra Calderon oao cante. Todo encaixa, os
sons venen e van coa naturalidade de quen sabe o que quere dicir e como dicilo, a
linguaxe: o flamenco. Estes tres artistas con elegancia, pero sen limites expresivos,
lévannos de viaxe por un mundo de ritmo, movemento e belleza tan espontáneo como
fácil de apreciar por cualquera tipo de publico. Neste espectáculo, baile, cante e
guitarra unense como elementos esenciais do flamenco máis honesto e apaixoado,
expresándose na dualidade entre a tradicion e a vangarda desta arte.

Departamento de Cultura

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta