Lendo cos 5 sentidos, así se chama o Club de lectura da Casa das Letras da Estrada que organiza o Departamento de Cultura.
Este mes de marzo o Departamento de Cultura do Concello da Estrada poñerá en funcionamento na Casa das Letras un club de lectura con tres grupos, un grupo de lectura infantil de 8 a 12 anos, un xuvenil de 13 a 15 e un de adultos de 16 en adiante, que estará coordinado pola escritora estridente María Neves Soutelo.
O club de lectura está programado en 18 sesións de duración variable entre 1 e 2 horas, en que se traballará de forma amena e dinámica cos títulos propostos asociados aos 5 sentidos da percepción humana, fío motor das xornadas e obradoiros relacionados a cada obra.
Cada libro traballarase en 3 sesións cun total de 5 horas. Para estimular unha maior implicación na actividade, doutarase a cada participante do seu propio caderno de lectura, facilitado na sesión introductoria do Club.
O número mínimo de participantes será de 10 cun máximo de 20 nos grupos juvenil e adulto e 15 no grupo infantil.
Os obradoiros mencionados serán impartidos por profesionais de cada sector, entre eles: fotografía, repostería creativa, aromaterápia, terapias manuais ou apreciación musical.
As prazas están limitadas e xestionanse dende o Departamento de Cultura.