O concerto «Tributo ao Pop» deste sábado no Teatro Principal de Antonio Seijo & Skylight terá carácter benéfico, o recadado pola venda das entradas será destinado a Asociación Española contra o Cancro.
Antonio Seijo é un violinista de renome, que formou parte do grupo de Julio Iglesias, durante sete anos, colaborou con artistas internacionais como Bonnie Tyler, Tom Jones ou La Unión, entre outros, e tamén foi parte do mítico grupo folck galego «Milladoiro «levando a súa arte e a súa música por todo o mundo.
Antonio formou un grupo pop para conmemorar os seus trinta anos nos escenarios, «Antonio Seijo & Skylight» o grupo está composto por violín, batería, baixo, teclados, guitarra e saxo, un novo concerto onde o violín é o lema do concerto que titularon «Tributo al Pop», con temas familiares como «Livin’on a Prayer», de Bon Jovi, «The Show must go on» de Queen, o «Viva la vida» de Cold Play, entre outros grandes títulos, cós que en 2015
recolleu grandes loubanzas e as mellores críticas do público e da prensa e radio.
Antonio sempre colaborou con ONG para doar unha parte da billeteira dos seus concertos ou coa venda dos seus CDs.
Neste caso, a recaudación irá para a Asociación Española Contra o Cancro. O prezo das entradas é de 3 € e poden retirarse no departamento de Cultura ou na billeteira do teatro.
Departamento de Cultura do Concello de A Estrada