Juan Constenla, Concelleiro de Cultura de A Estrada, anunciou este venres que a partir do 7 de Maio se ampliará o horario dos sábados da biblioteca.
Esta ampliación responde a petición dos usuarios da biblioteca que pedían que abrira de tarde durante o mes de Maio ao ser época de exames. Dende o Concello decidiron aumentar as horas de apertura da Casa das letras non solo neste mes senón ata o 9 de Xullo, para apoiar aos estudantes que teñan que presentarse a segunda convocatoria dos exames universitarios.
Deste xeito o horario dos sábados dende o 7 de Maio ata o 9 de Xullo incrementaráse unha hora de mañá (10:00 a 14:00 horas) e abrirá polas tardes (16:00 a 20:00 horas)