As XSG A Estrada reclaman maior participación dos usuarios na planificación dos horarios da Casa das Letras

XSG xuventudes socialistas presiLuis López apunta que “a Casa das Letras funciona segundo o antollo do Concello e son os usuarios os que reclaman iniciativas, non é a Concellería a que se preocupa por optimizar o servizo”

As Xuventudes Socialistas de A Estrada (XSG) amósanlle o seu apoio ao colectivo de usuarios da Casa das Letras na proposta de horario para os sábados do mes de maio. O seu Secretario Xeral, Luis López vai máis alá e pide “que o Concello teña en conta de primeira man as opinións dos Usuarios á hora de fixar os horarios, xa que actualmente se actúa sobre a marcha e non se publica unha planificación anual. Cómpre fixarse por exemplo na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela, que tanto na web do Concello como
na da Rede de Bibliotecas de Galicia ten a información completa para todo o ano”.

Dende XSG A Estrada reclaman que o Consistorio considere afirmativamente a proposta dos estudantes. “A proposta outórgalle moitas facilidades ao Concello para que a cumpra, en definitiva só piden que se abran as portas unha hora máis pola mañá e catro horas pola tarde dos sábados durante un mes, e para máis inri, ofrecen a súa colaboración”.

Por outra banda recórdanlle ao Alcalde de A Estrada, D. José López, que “o horario da biblioteca leva cando menos 5 anos sendo o mesmo, logo dicir que se ampliou bastante é mentir. Ademais presentáronse varias queixas dos usuarios por déficit de xornadas de apertura en períodos como o nadal, datas nas que por certo as atraccións de ACOE se situaron a carón do edificio facendo moi complicado o estudo”.

Xuventudes Socialistas de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta