A Feira de Labores, Antigüidades e Artesanía, recala no Recinto Feiral estradense

5-feira-labores-2016• Medio centenar de firmas directas presentes no certame.

• 4.000 m2 de espazo expositivo, complementado con obradoiros artesanais e exposicións temáticas.

• Celebración do 4º Encontro de Palilleiras.

• Entrada gratuita de visitantes.

Os vindeiros días 7 e 8 de maio, o recinto feiral estradense, celebrará a 5ª Feira de Labores e a 50ª Feira de Antigüidades e Artesanía, segundo certame do ano, antes da celebración do seu evento máis importante, atendo ao volume de firmas presentes, espazo expositivo ocupado e duración : 30ª Feira do Moble de Galicia.

Para esta ocasión, o recinto feiral estradense, acollerá medio centenar de firmas directas presentes, pertencentes maioritariamente a nosa Comunidade Autónoma. Un amplo abanico de disciplinas tratarán de captar o interese dos nosos visitantes: Patchwork, encaixe, bordado, costura, patronaxe, deseño, gancho, calceta, fiado artesanal, artesanía,
antigüidades, etc…

O certame expositivo, ocupará as dúas plantas do pavillón cinco, con mais de 4.000 m2 de espazo expositivo e reforzados, coa celebración de obradoiros artesanais e exposicións temáticas.

Este certame, contará coa celebración dunha nova edición do tradicional encontro de palilleiras e fiandeiras que traballarán as distintas fases do liño en vivo e en directo. As cartel-50-feira-antiguidadesparticipantes neste 4º Encontro, son integrantes de diversas asociaicións galegas. Esta mostra, ocupará o espazo central do pavillón cinco e celebraráse o domingo día oito de maio. A data e sen pechar a inscripción de participantes, xa se supera o centenar de
participantes.

Neste mesmo pavillón cinco, contaremos cunha mostra de artesanía tradicional (bisutería, complementos persoais, etc…).

O pavillón seis, estará íntegramente adicado, ao mundo das antigüidades e o coleccionismo. Neste pavillón ubicaránse un total de vintedous anticuarios. A longo de máis de 2.000 m2, os visitantes atoparan pezas de coleccionismo, antigüidades, curiosidades, almoneda, numismática, mobiliario, porcelana, iluminación, artículos textís, libros, pezas de decoración, etc…

A entrada de visitantes ao recinto é gratuita, permañecendo éste aberto en horario ininterrumpido de dez a veinte horas. Este novo certame de promoción económica, será a antesala da tradicional Feira do Moble de Galicia que este ano celebrará a súa 30ª Edición
e que se desenvolverá do 17 ao 25 de setembro.

Fundación de Exposicións e Congresos

Esta entrada fue publicada en Feiras, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta