O CIT imporá os salmóns de ouro deste ano a Tequexetéldere e Club Bádminton A Estrada

badminton

Este domingo ás 12:00 horas terá lugar a Gala da Festa do Salmón no Teatro Principal onde, despois da Lectura do Pregón, terá lugar a imposición dos Salmóns de Ouro a Tequexetéldere e Club Bádminton A Estrada.

tequeOs Salmóns de Ouro que outorga o Centro de Iniciativas e Turismo (CIT) da Estrada constitúen un recoñecemento a aquelas persoas, entidades ou colectivos que pola súa traxectoria profesional ou polo seu bo facer teñen contribuído a mellorar A Estrada e a espallar o seu nome polo mundo.

Nesta ocasión, os colectivos que recibirán os Salmóns de Ouro o domingo 15 de maio son:

•Tequexetéldere: esta agrupación folclórica tradicional estradense naceu en 1990 e, desde entón, ademais da actividade que desenvolve enriba dos escenarios, adicouse a recompilar e conservar todo o que concerne á etnografía galega (cantos, bailes, músicas, vestimentas, etc.). Desde o ano 2005 organiza cada ano o Concurso de Baile Tradicional e desde a súa propia fundación ten levado o nome da Estrada a países como Bélxica, Francia, Italia ou Portugal.

•Club Bádminton A Estrada: este club deportivo -anterior Estradense- é o club de referencia da Federación Galega e o máis laureado das tres últimas campañas en categorías inferiores no panorama nacional, tendo conseguido importantes títulos: máis de 10 títulos nacionais e un europeo. Os seus deportistas teñen levado o nome da Estrada por países como Thailandia, Perú, Rusia, Polonia, Holanda, Bélxica, Dinamarca, Suiza, Portugal, Francia, Italia, Malta ou Turquía.

Completan o programa de actos:

Cartel festa do salmon• Concentración de vehículos clásicos (Rúa Serafín Pazo | Toda a mañá)

• Feira da Artesanía (Alameda Municipal e Zona dos Viños | 11.00 horas)

• As Titiriteiras, animación infantil (Praza do Mercado | Durante a mañá)

• Lectura do pregón e imposición dos Salmóns de Ouro (Teatro Principal | 12.00 horas)

• Degustación popular de salmón (Praza do Mercado | 12.00 horas)

Participan un total de 13 establecementos e as bandexas con 3 pinchos custarán 4,5 euros:

– Restaurante Nixon – O Asador de Leo
– Restaurante La bombilla – Restaurante Samaná
– Panadería A Fogaza – Restaurante Sala Gradín
– Panadería Cervela – Mar de Compostela
– Sidra Lagar de Ribela – Velis Nolis Bistró
– A Casa do Pan – Restaurante Os Peares
– Restaurante Don Juan

• Exposición fotográfica do Entroido dos Xenerais da Ulla (Sala Abanca | De 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas)

Esta entrada fue publicada en Festas, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta