Este venres representantes do Concello e Xunta de Galicia encabezados polo alcalde, José López, e o Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, visitaron o persoal e instalacións do Centro de Saúde de A Estrada.
Membros do persoal aproveitaron a visita para trasladarlle ao Conselleiro as deficiencias do ambulatorio, desperfectos no equipamento, falta de espazo, problemas de accesibilidade para persoas con mobilidade reducida ou o limitado ascensor, entre outras.
Tras a visita López destacou o equipo humano que forma parte tanto do ambulatorio como dos 3 centros periféricos, recentemente galardoados o igual que en repetidas ocasións nos últimos anos.
O Conselleiro recoñeceu os problemas estruturais do Centro e a urxencia dun novo edificio adecuado as necesidades actuais tanto sanitarias como con accesos axeitados e aparcamento propio. Jesús Vázquez anunciou que xa estaban a traballar no proxecto do novo Centro e urxiu ao alcalde a solucionar canto antes a cesión dun solar axeitado, para poder redactar o proxecto este ano e comezar a construción en 2017.
En canto ao orzamento, o Conselleiro, comunicou que tiñan que esperar a ter o proxecto para saber unha cifra, pero que o mais posible é que o abordaran en dúas partidas en 2017 e 2018, esperando deixar o novo ambulatorio funcionando a finais do 2018.