1.-O torneo rexerase polas normas da Real Federación Española de Tenis.
2.-Os partidos disputaranse ao mellor de tres sets, con tie break en todos eles.
3.-O sistema de competición será eliminatorio con cabezas de serie que se establecerán, pola organización, en función da clasificación da edición do pasado ano.
4.-Aplicarase W.O. a todo xogador/a que non estea preparado/a para disputar o seu partido transcorridos 15 minutos da hora sinalada para o comezo. O quecemento na pista non superará os 10 minutos. Recoméndaselle aos xogadores, do segundo e terceiro turno, que estean nas pistas media hora antes do comezo dos seus partidos.
5.-Lémbrase aos/as xogadores/as que teñan dificultades de horarios que deberán comunicalas á organización no momento da inscrición. A organización tratará de axustarse ás necesidades dos/das participantes. Unha vez confeccionados os horarios, estes non serán alterados e polo tanto non se accederá a cambios posteriores.
6.-Para cada partido utilizarase un bote de pelotas que terán que recoller na conserxería do Pavillón “M. Coto Ferreiro” e devolver ao remate do mesmo.
7.-No caso de aprazamento dalgún partido pola choiva ou por atoparse as pistas molladas, este terá que xogarse nos días e horas que quedan libres no calendario, previa consulta coa Organización.
8.-Se na categoría feminina non se acada un número suficiente de inscricións, o torneo farase en formato mixto.
9.-Os resultados dos partidos comunicaranse ao Departamento de Deportes do Concello ou no pavillón municipal Coto Ferreiro (Tf. 986 570030) das 9 ás 14 h.
Deportes de A Estrada