A Estrada volveu converterse por un día na Capital da Sidra nacional coa V Edición da Feira da Sidra.
Produtores galegos, vascos, cántabros, de Castela León e Asturias, sumáronse aos lagares locais que, da man da Asociación Maceira e Sidra da Estrada, organizaron por 5º ano consecutivo unha degustación deste produto artesá.
Ademais da sidra non faltou a boa música e degustación de produtos locais.