O pasado Domingo o Partido Popular realizaba un mitin Central no Teatro Principal coa intervención do alcalde, José López, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, que acompañaron a Ana Pastor.
Tamén asistiron representantes do partidos dos demais concellos do Deza e Tabeirós Terra de Montes.
Xa no mediodía do mércores o PSdeG realizou un reparto de folletos pola feira, no que participaron os candidatos ao congreso Guillermo Meijón e Belén Louzao, e o candidato á Xunta de Galicia, Xaquín Fernández Leiciaga.
Posteriormente realizaron unhas declaracións:
Na noite do Mércores foi o turno do BNG-Nós Candidatura Galega cun Mitin na Sala Gradín no que interviron Susana Camba (consello local), Xosé Magariños (concelleiro e
candidato ao Congreso), Antón Álvarez Merayo (candidato ao Senado) e Miguel Anxo Fernández Lores (alcalde de Pontevedra).