No BNG da Estrada realizamos na mañá de hoxe un roteiro entre o castro de Castrovite en Orazo e a igrexa de Loimil, no que participaron militantes e simpatizantes da nosa organización, así como vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín. Este é o primeiro roteiro que organizamos, pero haberá máis ao longo dos próximos meses, que daremos a coñecer polas canles habituais de comunicación BNG para que se sumen todas as persoas que desexen coñecer o noso concello, que é un gran descoñecido entre os veciños e veciñas da Estrada.
Con este sinxelo acto queremos tamén poñer en valor o noso rico patrimonio, unha labor na que o goberno municipal do PP non pon empeño algún en promocionalo a pesar do enorme potencial que ten desde o punto de vista turístico e por suposto, desde o económico.
BNG A Estrada






































