Móvete- advirte da necesidade de seguir a rajatabla o estipulado no Proxectode “Construcción dunha rede de abastecemento en Av. de Vigo e Avda. Benito Vigo” e apunta a posibles deficiencias naexecución.

 

A memoria descritiva do Proxecto da construcción da rede de abastecementonaAvda de Vigo e Benito Vigo, elaborada polo propio departamento de urbanismo do Concello da Estrada, recolleunha serie de condicións que deberán ser respetadas á hora de executaras obras.O obxetivo da construcción de ramaisprincipais en ditas rúas ten coma finalidade a“mellora do servizo que constituirá a posibilidade de sectorización da rede de abastecemento en caso de roturas”.

O proxecto da obra no capítulo 2 “Rede de Abastecemento” especifica que a tubería fundición D=250 mm.debe ter unha cama de area de 20 cm., e un recheo de area de 15 cm., e terminación  de recheo con terra procedente de excavación. Tal e coma se percibe nas fotos adxuntas a esta nota non se está cumplindo o marcado no proxectoao suprimir a cama e o recheo de area en torno á tubería, que vai directamente colocada sobre a terra. A carencia da areaao redor da tubería fai que ésta non leve a protección adecuada ante vibracións e pode acabar causando a rotura do tubo polo empate. Este mesma deficiencia é a que ten a rede que leva a auga do Umia ata o depósito de Penerada, por Ouzande, e que xa leva unha serie de roturas seguidas a pesar de tratarse dunha obra reciente.

Mar Blancorecordaque, no pasado mes de agosto tras a denuncia pública feita por Móvete, o propio concelleiro de Medio rural recoñecía que a causa das averías á altura de Ouzandedebíanse á falta de protección dos tubos, as continúas vibracións acababan provocando a rotura.

“Estamos ante unha obra fundamental, poisxsveciñxs da Estrada sabemos ben o que é ter unha rede de abastecemento deficitaria, polo que é de sentido común,unha vez que temos que executar obras de mellora, aproveitar para executalas correctamente, seguindo o marcado no proxecto, para que dunha vez por todas poidamos ter unha rede de abastecemento de auga decente. E non andar nos vindeiros anos remendando o feitoagora”.

“Esta maneira de executar as obras públicas do Concello tan só nos obrigan a gastar máiscartos e a dar un servizo de peor calidadeaosveciños”.

 

www.movetepolaestrada.blogspot.com

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta