O BNG sospeita que o informe de patrimonio sobre o paso da Variante por Aguións será negativo

O alcalde e Fomento deberán atopar inmediatamente unha novo trazado que respecte o noso patrimonio para non adiar a Variante outros vinte anos
 

 O BNG sospeita que o informe dos técnicos de patrimonio sobre o Castro de Aguións preceptivo para a construción da Variante vai ser negativo. Segundo explicou Xosé Magariños, concelleiro do BNG, «o pasado sábado achegámonos unha delegación do consello local ao lugar das prospeccións de patrimonio e puidemos apreciar claramente os muros defensivos do castro no medio e medio do traxecto por onde pasaría a Variante.» É dicir», engadiu Magariños, «que se esta se chega a construír os muros defensivos do castro quedarían sepultados para sempre debaixo do asfalto da variante».

«Desde o BNG entendemos que se as nosas sospeitas se confirman», afirmou, «o Ministerio de Fomento deberá atopar un traxecto máis acaido para respectar o noso patrimonio para que este non fique enterrado baixo toneladas de escombro e chapapote».

«Por outra parte», engadiu Magariños, «como xa afirmamos no seu momento, parece que Fomento non ten moito interese en facer a Variante e presumibelmente atopará no castro a escusa perfecta para adiar outros vinte anos máis a construción desta infraestrutura tan necesaria para A Estrada». «O castro non apareceu de súpeto, como un cogumelo no outono, xa estaba aí cando os técnicos de fomento trazaron as liñas da variante nun plano», afirmou Magariños, «

«Teremos que agardar aos informes de patrimonio», explicou Magariños, «pero se as nosas sospeitas se confirman o alcalde terá que reunirse inmediatamente cos responsábeis políticos do Ministerio de Fomento para atopar o antes posíbel un deseño da Variante máis respectuoso co noso patrimonio ou contemplar unha desvío que permita salvar o castro na súa totalidade».

Posta en valor do castro

«Por outra parte», afirmou o concelleiro do BNG, Xosé magariños, «é unha mágoa que o concello non saque proveito do Castro de Aguións, dada a súa proximidade ao casco urbano, xa que se trata dunha fermosa paraxe, tanto desde o punto de vista paisaxístico como cultural e patrimonial». «Temos unha pedazo de historia a poucos quilómetros do casco», afirmou, «que ignoran da súa existencia a maior parte dos veciños e veciñas da Estrada».

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta