Móvete presenta unha serie de proxectosa executar a través dos fondos da EDUSI

Os proxectos presentados por Móvete parten dunha análise  da situación económica, demográfica e social da Estrada e teñen en conta as achegas feitas polxsveciñxs nas dúas asembleas abertas feitas para abordar AESS. Froito destas análises e da participación dxsveciñxs, consideramos fundamental priorizar as liñas de actuación encamiñadas a atallar os principais problemas que ten o noso Concello. As principais medidas que se deberían ter en conta son as que teñen unha incidencia directa na mellora da calidade de vida das persoas: Crear postos de traballo, fixar poboación, e incrementar o benestar social deben ser obxectivos nos que traballar de forma conxunta.

Para Móvete, é importante aproveitar esta oportunidade para facer unha aposta firme e decidida polos sectores produtivos locais, para crear no rural un tecido produtivo sostible que proporcione emprego de calidade como mellor garante dun concello próspero e sostible. É importante tamén satisfacer a crecente demanda de servizos sociais orientados á terceira idade.

SmartVillage A Estrada.

O Risco medioambiental e para a saúde pública, ademais do dano paisaxístico, son razóns de peso para erradicar os problemas dos vertidos dun xeito definitivo.  Polo que, dentro desta liña de actuación consideramos prioritario:

  1. Mellorar a rede de saneamento da Estrada.
  2. Mellora da EDAR de Aguións.
  3. Sistema de medición da contaminación dos ríos.
  • Modernización da Administración a través das TIC.

En novembro de 2015, Móvete presentou a moción instando á creación dun Portal de Transparencia, para dar cumprimento á lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno”. Os poderes públicos deben responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación na xestión pública, de aí que esta lei regule os mecanismos para garantir que os cidadáns poidan coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as institucións. Só así os cidadáns poderán xulgar mellor e con máis criterio a capacidade dos seus responsables públicos e así decidir en consecuencia. Garantindo unha mellor fiscalización da xestión pública contribúese á precisa rexeneración democrática, promóvese a eficiencia e eficacia do Concello e favorécese o crecemento económico. Móvete propón, para que o Concello da Estrada aprobe en materia de transparencia na actividade pública:

  1. Habilitar un Portal da Transparencia que potencie a participación cidadá e potenciar os servizos da e-administración de maneira que a maioría dos trámites poidanse facer de forma telemática e facer públicas a través da web do concello as diversas concocatorías de emprego público a nível municipal, ou os oportunos procesos de exposición pública.
  • Mobilidade Urbana Sostible.
  1. Elaboración do PMUSlevar a cabo un estudo de viabilidade da posible peatonalización dalgunhas rúas co casco urbán, que tería en conta as necesidades e consecuenzas para todos os colectivos afectados: comerciantes, vecinos, visitatntes esporádicos da vila,…
  2. Habilitare sinalizarasRutas de Sabucedo- Codeseda e a Ruta do Liñares.
  3. Acondicionar terreos para aparcamento en zonas non urbanizables do casco urbano.
  • Mellora da Eficiencia Enerxética.

Móvete considera como un dos temas prioritarios, avanzar cara a mellora da eficiencia enerxética do alumeado público e dos edificios públicos, pero defende financiar estes proxectos de Eficiencia Enerxética a través das  subvencións do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), e reservar os fondos Edusi para proxectos non financiables por outras administracións.

  • Humanización e Mellora do Entorno Urbano.
  1. Habilitaralomenos, unha ruta de sendeirismo no entorno urbano: Ruta do Regueiro – Figueroa.
  2. Desenvolvemento de zonas verdes e de ocio ao aire libre na parte de atrás da zona dos viños.
  3. Desenvolvemento de zonas verdes e de ocio ao aire libre na zona traseira do actual parking da Casa das Letras.
  4. Desenvolvemento de zonas verdes e de ocio ao aire libre na Rúa San Antón (parte non urbanizable).
  • Promoción do Turismo Verde.
  1. Desestacionalización do turismo habilitando instalacións ou promovendo novas actividades: Restauración da Casa Reitoral de Sabucedo para habilitar unha exposición fotográfica fixa da Rapa das Bestascoa finalidade de obterunhapresenza continua de visitantes no entorno de Sabucedo durante todo o ano.
  2. Redacción dun Plan de Conservación e Mantemento do Patrimonio Cultural do Concello, que permita que o estado dos bens culturais e patrimoniais sexa óptimo dun modo continuado e cun custo estable.
  3. Revalorización dos camiños tradicionais como eixo vertebrador dos elementos patrimoniais (mámoas, castros, cruceiros, fortalezas, fábricas…) co seu entorno. Para isto é necesaria a súa inclusión no catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia. O obxectivo é manter as vías tradicionais de acceso ás zonas nas que se integran os diferentes bens culturais facilitando o seu uso tanto a visitantes aos veciños.
  4. Recuperar entornas naturais como a Praia fluvial de Couso e a Praia fluvial de Barcala.
  5. Recuperación, catalogación e sinalizaciónde Mámoas e Petróglifos.
  6. Recuperación da Casa das Colonias.
  • Programa Barrios Limpos e Responsables.

Outra das prioridades de Móvete é avanzar cara entornos urbanos sostibles e respectuosos co medioambiente, por iso defendemos a apertura dunha planta de compostaxe e iniciar unha campaña de concienciación sobre a importancia da recollida selectiva de residuos. A importancia de apostar pola reciclaxe de residuos orgánicos engloba Razóns ambientais: contribuiremos a reducir a contaminación. Razóns económicas: Aforrar cartos públicos e dos veciños. Razóns Legais: Cumprir a normativa. Pero entendemos que se debe facer contando coa axuda específica da Deputación e non cos fondos Edusi, xa que, apostamos por un empregomáis eficiente e racionalizado dos fondos públicos.

  • Mellora da Mobilidade De Colectivos Rurais Desfavorecidos.
  1. Habilitar un servizo de transporte colectivo sostible entre as parroquias do rural e o núcleo urbano: Bono Taxi.Este novo modelo de transporte tería en conta aos actuais profesionais do sector: taxistas, empresas locais de autobuses de liña.
  • Rehabilitación Social, Cultural e Económica de Barrios Desfavorecidos.
  1. Humanizar entorno urbanos empezando polas rúas que carecen de beirarrúa como son: A rúa 13 (detrás da Seat), as travesías 1 e 2 da Avenida de Pontevedra, e a travesía de Vigo.
  2. Garantir un espazo destinado a actividades xuvenis de xestión compartida entre xsmozxs.
  3. Potenciar ás canles curtas de comercialización, mercados locais e cooperativas de consumo que permitan fortalecer o rural mediante compras de proximidade e produtos de calidade.
  • Revivamos o Rural.
  1. Promoción do cooperativismo como modelo de xestión para propiedades rústicas abandonadas e fóra dos circuítos de produción. Facilitar o diálogo social, establecendo o lugar (e non a parroquia) como orixe vertebrador desta iniciativa, debido a particularidade de que a inmensa maioría dos montes do noso concello son terras en man de propiedade particular. Isto conducirá á redución da carga combustíbel no monte que supón un perigo potencial para a aparición de incendios forestais e a un aumento da viabilidade e produtividade das explotacións forestais.
  2. Elaboración dun plan de desenvolvemento da Agricultura Ecolóxica.
  3. Fomentar os mercados locais mostrándolle ao consumidor os beneficios de asentar poboación no medio rural, e do consumo dunha produción de moita maior calidade, máis san e respectuosa co medio. Isto non impide que se controle a trazabilidade dos produtos.
  4. Plan de mellora de valor engadido, tanto para os produtos de horta como de froitas, no caso da froita temos o exemplo da sidra, pero poderíase levar a cabo unha diversificación de productos: por exemplo, a elaboración mermeladas, ou levar a cabo outras formas de conservación.
  5. Diversificación de plantacións de froitas.
  6. Plan Forestal. Desenvolvemento do Bosque Autóctono. Buscar alternativas ás plantacións de eucaliptosque foranviables para os propietarios dos terreos.
  7. Creación dunha horta urbana.
  • A Estrada Móvese.
  1. Recuperar o antigo edificio do Inem para habilitar un Centro Interxeracional, xestionado a través dunha rede de voluntariado onde se poidan compartir experiencias e poñer en común habilidades.
  2. Construción de instalacións adecuadas para os clubs de atletismo locais.

 

 

A Estrada, 11 de decembro de 2017

www.movetepolaestrada.blogspot.com

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta