Dende o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada infórmase que a CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA acaba de realizar a convocatoria pública do PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade autónoma de Galicia, para un total de 2.015 prazas, nas seguintes unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 536 prazas.
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: 356 prazas.
- Servizos para o control de pragas: 108 prazas.
- Xestión de servizos para o control de organismos nocivos: 50 prazas.
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais: 207 prazas.
- Socorrismo en instalacións acuáticas: 438 prazas.
- Extinción de incendios e salvamento: 100 prazas.
- Tanatopraxia: 150 prazas.
- Operacións de vixilancia e estinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural: 70 prazas.
O obxecto do recoñecemento de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.
Deste xeito as persoas que teñen experiencia laboral ou formación non acreditada poden chegar a acadar dunha forma sinxela parte dun título de formación profesional que lle facilitará a inserción ou continuidade no mercado laboral.
A información e orientación necesaria para aquelas persoas que queiran participar no procedemento será facilitada nos seguintes puntos:
- No instituto galego das Cualificacións.
- Nas xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
- Nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia.
- Nos centros propios de formación profesional para o emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Esta información tamén será proporcionada polo Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada, que realizará mañá sábado día 21/01/2017 ás 17:00 no MOME, museo do moble e da madeira sito na avenida Benito Vigo nº 92, unha charla informativa sobre o PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade autónoma de Galicia.
Para inscribirse poden chamar ao Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada no teléfono 618 26 42 48 ou acudir directamente ao MOME mañá sábado ás 17:00 horas.
Todo o referente a prazos de inscrición, requisitos, documentación necesaria , taxas, fases do procedemento , etc… atópase no DOG nº 13 do xoves 19 de xaneiro de 2017.






































