O vindeiro 18 de Marzo chega A Estrada Gaudi Galego

Antes de nada, agradecervos a vosa presenza aquí na presentación de un dos eventos da programación que máis ilusión nos fai poder traer ao Principal, nunha primavera chea de eventos importantes.A importancia e calidade dos eventos estase demostrando pola grande aceptación que están a recibir os espectáculos programados. Non hai que fixarse máis que nos dous cheos do espectáculo de hoxe de Carlos Blanco ou na grande aceptación que vai ter a actuación de SINERXÍA mañá á noitiña.Pero o que hoxe nos ocupa é presentar o concerto que o vindeiro sábado 18 ofrecerá GUADI GALEGO no Teatro Principal, un concerto que forma parte da xira de presentación do seu terceiro traballo en solitario: O MUNDO ESTÁ PARADO e que está a levar a Guadi polas principais cidades e vilas de Galicia e polas grandes capitais do estado.Quero agradecer o alto que fixo hoxe no camiño para asistir a esta Rolda de Prensa; e desexarlle que este concerto da Estrada sexa un dos mellores da xira.Xa tivemos a sorte de tela no Teatro con propostas como a de ACADACANTO que tanto nos gustou a todos, e tamén nun momento moi emotivo para nós como foi a inauguración da Casa das Letras; así que estou seguro que todos os veciños se achegarán a disfrutar dun dos mellores concertos da tempada musical.GUADI, moita sorte, moitos éxitos e dicirche que estamos encantados con acollerte nesta vila. O mundo está parado, expectante e desexando escoitar este teu novo traballo.Lembrarlles aos veciños que as entradas estarán á venda no Departamento de Cultura en horario de nove a dúas ata o vindeiro venres, e que se venderán a un prezo de 5,00 euros.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta