Dende o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural de A Estrada informamos que a Deputación de Pontevedra acaba de publicar a CONVOCATORIA DE 200 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA A DEPUTACIÓN E OS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ANO 2017, destinadas a persoas con títulos universitarios ou ciclos formativos de grao superior de formación profesional, segundo os casos, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación académica, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ao mercado laboral.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOPPO (BOP nº 50, do luns 13 de marzo de 2017).
As titulacións correspondentes ao Concello da Estrada son as seguintes:
– Diplomatura ou grao en Relacións Laborais/Relacións Laborais e RRHH
– Licenciatura/grao en Económicas
– Licenciatura/grao en Xornalismo
–Ciclo Superior en Educación e Control Ambiental
Calquera información e orientación necesaria para aquelas persoas interesadas no procedemento será proporcionada polo Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada, sita na avda. Benito Vigo nº 94, 2º andar (tlfno: 986 57 09 97, mail: aedlestrada@gmail.com).






































