«Soño dunha noite de verán» ofrecerá mañá o seu último pase en A Estrada

Informámosvos de que a compañía VOADORA, que veu de poñer en escena «Soño dunha noite de verán» durante os últimos dous días na vila, ofrecerá mañá un último pase no Teatro Principal ás 11.00h. da mañá.

 
Todos aqueles interesados en ver o espectáculo poden recoller unha invitación na billeteira do teatro dende as 10.30h.
Lembrarvos que, despois de 22 funcións en Galicia, esta será o último pase da obra en terras galegas antes de que este vindeiro xoves poñan rumbo a Zaragoza para dar inicio os vindeiros venres e sábado á xúa xira española. 
 
Dirixida a persoas maiores de 16 anos, o clásico de Shakespeare é filtrado a través da renovadora ollada de Marta Pazos e  a compañía Voadora para construír unha peza centrada na temática da liberdade do individuo. Unha liberdade que racha todo convencionalismo social e convida a facer unha reflexión sobre o amor, sobre o que nel pode haber de ilusión, de fantasía, de enredo, mais tamén de violencia ou de submisión. As personaxes femininas nunha nova visión. Todo na obra se transforma en símbolo: a escenografía, a composición de certas escenas, a estética, a danza, a música, a cor… Unha vez máis, os clásicos na súa atemporalidade e o teatro  necesario para interpretar o presente. 
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta